Que facemos
Norloc colabora coa Administración local no desenvolvemento das competencias que
esta ten na aplicación dos seus tributos, concretamente no ámbito da Inspección
e Comprobación tributarias, e fundamentalmente respecto daqueles tributos onde
existe unha maior incidencia de fraude:
- Imposto sobre Actividades Económicas
- Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras
- Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana
- Taxas municipais
Tarefas desempeñadas
Norloc, baixo a supervisión e dirección da Administración contratante, colabora
con esta mediante o asesoramento técnico e xurídico necesario durante todo o
procedemento inspector ou de comprobación tributaria, incluíndo:
- Solicitude de competencias e intermediación coa Axencia Tributaria
- Asesoramento na elaboración ou modificación de ordenanzas
- Asistencia técnica no desenvolvemento do Plan de Inspección
- Asistencia xurídica na elaboración de documentos
- Colaboración técnico-xurídica na tramitación do procedemento ata a finalización do mesmo, coas correspondentes actas/liquidacións
- Asesoramento xurídico na tramitación do procedemento sancionador tributario
- Asesoramento xurídico para a resolución de recursos en vía administrativa
- Asistencia letrada en xuízo
Aplicación web
Noroeste Local S.L. dispón dun software propio e exclusivo,
desenvolvido a medida conforme ás indicacións da dirección
desta empresa, que permite realizar completamente calquera
procedemento de inspección ou comprobación tributaria dentro
dunha administración local.
- Desenvolvemento de plans de inspección
- Xeración automatizada de documentos
- Control total dos traballo desenvolvidos
- Autoavaliación da calidade do traballo
- Previsións de resultados