about

Empresa

Noroeste Local SL é unha empresa galega fundada no ano 2007 co obxecto de colaborar coa Administración Local na xestión e inspección dos seus tributos.

A empresa xorde da unión dos esforzos de profesionais con ampla experiencia no sector público.

Para iso constituíuse un equipo composto por licenciados en Dereito, Enxeñeiros, licenciados en Administración e Dirección de empresas, diplomados en Ciencias Empresariais e licenciados en Economía para poder ofrecer solucións técnico-xurídicas, ante a crecente demanda de Concellos e Deputacións Provinciais de colaboración técnica para a optimización dos seus recursos tributarios.

luciano
Luciano Otero Álvarez otero@norloc.es Socio. Director Comercial e de Administración.

Luciano Otero é Enxeñeiro de Telecomunicación. A súa actividade profesional sempre estivo vencellada á Administración Pública.

É socio fundador de Noroeste Local e dirixe actualmente o Departamento Comercial e de Expansión, sendo o responsable máximo de relacións cos clientes ó nivel de apertura de mercados e desenvolvemento dos protocolos de traballo cos mesmos.

Luciano é tamén o responsable do Departamento de Administración da empresa.

ruben
Rubén Arias Mourelle arias@norloc.es Socio. Responsable do Departamento Técnico.

Ruben Arias é Enxeñeiro Técnico Industrial na especialidade de Mecánica. A súa carreira profesional comeza como enxeñeiro responsable de instalacións eléctricas e climatización en diversas empresas de instalación e montaxe industrial.

Dende o ano 2001 centra a súa experiencia no asesoramento á Administración Local e concretamente na vertente máis técnica de determinados tributos como o Imposto de Actividades Económicas, achegando os seus coñecementos e experiencia para unha xestión máis eficaz dos mesmos.

Socio fundador de Noroeste Local, dirixe o seu Departamento Técnico, coordinando un equipo humano formado íntegramente por titulados superiores en Económicas e Dereito.

enrique
Enrique Villar Taboada villar@norloc.es Socio. Responsable do Departamento Xurídico.

Enrique Villar é avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra. Tras uns anos nun despacho xeralista, dende o ano 2001 dedícase en exclusiva á especialidade contencioso-administrativa.

Como especialista en tributos locais, orientou a súa carreira cara o asesoramento ás administracións públicas neste eido, defendendo os intereses destas na vía administrativa e nos tribunais de xustiza.

É socio fundador de Noroeste Local xunto con Luciano Otero e Rubén Arias.

Para calquera consulta, non dubide en contactarnos